Spyker F1

Spyker
Nome completo Spyker F1 Team
Bandeira {{{Bandeira}}}
Baseada en Silvertone, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2007)
Número de pilotos Alemaña Adrian Sutil
Países Baixos Christijan Albers
Alemaña Markus Winkelhock
Sakon Yamamoto
Debut Gran Premio de Australia de 2007
Carreiras 17
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 1
Derradeiro GP Gran Premio do Brasil de 2007

Spyker F1 Team, Spyker F1 ou simplemente Spyker foi unha escudería de Fórmula 1 propiedade de Spyker Cars, creada en setembro de 2006 tras mercar Midland F1. Debutou na tempada de 2007 baixo bandeira holandesa.

Con base en Silverstone, no Reino Unido, herdou as súas instalacións de Midland, que á súa vez as herdara de Jordan. O seu Xefe de Equipo foi Colin Kolles, mentres que o Director Técnico era Mark Gascoyne.

En outubro de 2007, a escudería vendeuse a un consorcio formado por Michiel Mol e mais por Vijay Mallya [Cómpre referencia] que crearon un novo equipo chamado Force India F1[1], sendo así ese ano o único que competiu na máxima categoría do automobilismo.

  1. (en castelán) Force India F1, novo nome para Spyker en 2008, en gpupdate.net Arquivado 21 de outubro de 2007 en Wayback Machine.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search